Compañera
usted sabe
puede contar
conmigo
no hasta dos
o hasta diez
sino contar
conmigo
si alguna vez
advierte
que la miro a los ojos
y una veta de amor
reconoce en los míos
no alerte sus fusiles
ni piense qué delirio
a pesar de la veta
o tal vez porque existe
usted puede contar
conmigo
si otras veces
me encuentra
huraño sin motivo
no piense qué flojera
igual puede contar
conmigo
pero hagamos un trato
yo quisiera contar
con usted
es tan lindo
saber que usted existe
uno se siente vivo
y cuando digo esto
quiero decir contar
aunque sea hasta dos
aunque sea hasta cinco
no ya para que acuda
presurosa en mi auxilio
sino para saber
a ciencia cierta
que usted sabe que puede
contar conmigo.
Quarta-feira, 20 de Maio de 2009
Quinta-feira, 9 de Abril de 2009
J´adore Paris!

De marabilla na viaxe á cidade da luz. Os poucos días que estiven alí cundiron bastante. Pateeime os museos do Louvre, o de arte moderna Pompidou, Rodin, Picasso e o de Orsay, onde me impresionaron os cadros de Gauguin, Van Gogh, Monet, Matisse etc., arte exipcia, xunto con esculturas como a da foto (no Louvre) entre as que destacaban a Venus de Milo, a Samotracia e Eros e Psique, entre outras. Paseei polos xardíns de Luxemburgo, o barrio dos pintores de Montmatre, os Campos Eliseos, ollei a Torre Eiffel, vin a maratón con chegada no arco do triunfo... Puiden visitar o Hard Rock Café onde está a guitarra de Eric Clapton, de Metallica... Fun en barco polo Sena, que estaba bastante sucio.. Chapurreei o meu francés, mais cando pretendía falar de seguido me falaban en español :S
Domingo, 8 de Fevereiro de 2009
Liberdade detid*s!
Moita adrenalina hoxe!
Hoxe tivemos que sufrir porrazos e gases lacrimóxenos da policía por reivindicar a nosa lingua, o galego. O máis triste de asunto é que diante das nosas narices manfestábase a ultra-dereita española. Moitas persoas fomos insultadas e golpeadas por membros de Galicia Bilingüe, xunto con outros procedentes en autocarros de fóra do país.
Van 12 persoas detidas, dende aquí manifesto a solidariedade e esixo a súa liberdade! Podedes ollar máis información aquí
Sexta-feira, 6 de Fevereiro de 2009
Marisa Monte -Vilarejo
Há um vilarejo ali
Onde areja um vento bom
Na varanda, quem descansa
Vê o horizonte deitar no chão
Pra acalmar o coração
Lá o mundo tem razão
Terra de heróis, lares de mãe
Paraiso se mudou para lá
Por cima das casas, cal
Frutas em qualquer quintal
Peitos fartos, filhos fortes
Sonho semeando o mundo real
Toda gente cabe lá
Palestina, Shangri-lá
Vem andar e voa
Vem andar e voa
Vem andar e voa
Lá o tempo espera
Lá é primavera
Portas e janelas ficam sempre abertas
Pra sorte entrar
Em todas as mesas, pão
Flores enfeitando
Os caminhos, os vestidos, os destinos
E essa canção
Tem um verdadeiro amor
Para quando você for
Domingo, 1 de Fevereiro de 2009
Vivencias verdes

Vou viaxando no tempo,
ollo agora paisaxes da cor da herba fresca
arredor de min.
Teño amizades de augas transparentes,
seguindo o río da Fraga.
Sigo soñando con carballeiras inmensas inzadas de xente comprometida.
Nós vivimos entre atmosferas cambiantes,
entre as covas e as cavernas
e as engurras da forza dos maiores.
O vendaval non pode co ímpeto da nosa xente.
Isto é a terra dos castros.
Diplomeime. Son mestra das ondas no mar da operación desprestige,
xogo coas nenas ao xadrez e ensínolle estratexias pícaras para ir medrando paseniño.
Sigo estudando de vagariño... Ás carreiras non se debe andar, só é preciso rematalas.
Remataron os saloucos dos salgueiros.
Vou saboreando a vida aos poucos.
Continúa o arrecendo á herba de namorar
sobor o sol nacente.
Quarta-feira, 31 de Dezembro de 2008
O Sionismo é o terrorismo

Pois aquí estamos de novo, actualizando.
Péchase un ano e con el todas as vivencias, ilusións e controversias do noso fado,
ventos do pobo ordenando por fin o desastre.
Mais na nosa tradición o ciclo do ano comeza no outono co degaro.
Estoupando cores
como castañas no magosto
como lumes de artificio do novo amor
coa banda sonora de Carlos Puebla no carro do meu compañeiro,
co acto de Cuba da Francisco Vilamil,
no que me emocionei co cónsul e con Susana, a miña profe do conservatorio,
co partido que venceron as xogadoras de Galiza por goleada
e o Perfect Day do día en que nos arrexuntamos
filmamos a nosa comedia romántica do rir de ledicia xuntos.
Formamos conxuntos por non chorar...
Leo xornais que me causan hilaridade...
Non me quedan máis bágoas de momento.
Vou pintando paisaxes emocionais coas nenas e cos nenos
na ludoteca da miña vila natal,
mentres canto desafinando gravemente cancións pra as meniñas cantoras,
logo dunha concentración en solidariedade co pobo palestino,
curioso acto no MARCO en Vigo onde pon en luces de neón LA CALLE ES MÍA
(obra dun artista narcisista)...
Vin a habitación do vello mariño de Lugrís,
que antes ficaba no depósito do museo,
mausoleo do cortello da cidade das olivas foráneas,
esa cidade do alcalde "Cabaleiro"
que vai quitar os nomes das rúas das compañeiras da luita,
alí onde onte vin a un pai cruzar temerario Urzáiz co carro da nena sen ir polo paso dos peóns,
querendo ir máis rápido e así poñendo a vida dos dous en xogo pola présa..
Unha vez vin mallada a unha muller e marchei porque tiña présa tamén e cheghaba tarde ao meu caos particular... Somos cómplices?
Sentame moi mal Vigo ao ser sensíbel. Hai moitos marxinados sociais aos que dende arriba non lle prestan atención, ionkis, prostitutas, cerca da rúa do Pracer, onde as paredes non calan porque Galiza e as galegas e galegos non son libres. Prefiro a terra das lavandeiras do Morraço como escribía a poeta Andrea Núñez.
Mentres, para non deprimirme, xogo, vivo, baillo cos nenos, coa avoa,
sorrío nos fondos dos océanos de Bernardino,
como unha meniña no torreiro da festa
graciñas á dose do amor que precisaba.
Terça-feira, 9 de Dezembro de 2008
Ao longe o mar-Madredeus
"Porto calmo de abrigo
De um futuro maior
Porventura perdido
No presente temor
Não faz muito sentido
Não esperar o melhor
Vem da névoa saindo
A promessa anterior
Quando avistei ao longe o mar
Ali fiquei
Parado a olhar
Sim, eu canto a vontade
Canto o teu despertar
E abraçando a saudade
Canto o tempo a passar
Quando avistei ao longe o mar
Ali fiquei
Parao a olhar
Quando avistei ao longe o mar
Sem querer deixei-me ali ficar"
^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^
Graciñas a ti, polo porto calmo de abrigo.
Agardo...
Gardo verbas para ti,
na dorna
da nosa nova travesía xuntos
sentindo a ardentía, a paixón,
polos recheos da cidade
entre as luces contaminantes.
Consúmesme,consúmote, consumímonos nas arelas.
Son feiras de revolución
nas vísceras que alumeas
dende o outro lado da ría.
Cando ollei a mar,
contemplei amar(te)
e agora ...
Devezo pola calor
que me dan as túas mans
neste inverno xeado...
Viaxaremos polo futuro maior
anoados con nós mariñeiros ou sen eles.
Subscrever:
Mensagens (Atom)