Quarta-feira, 19 de Novembro de 2008
Roi Casal- Ninfa das frescas augas
Será cursi, pero se as nenas de agora tivesen de sex-symbol a este home en vez do Regueatton mudarían moitas cousas.
Moita vida á música sensíbel, tan nosa. Raíces que se perden ao pasar polo río do Esquecemento d*s desleigad*s. Sempre quixen tocar unha harpa, tan anceiada, mais toco mal a guitarra, canto, bailo máis mal que ben, pero.. Aí estamos. No Morraço hai foliadas cada quince días como mínimo. Iniciativas por parte de varios colectivos non faltan.
O mellor da miña singradura pola música tan apaixoante, foron as prácticas con Iván Costa no cole, alén de coñecer aos de Mala Herba, algún de Ouvirmos, algún profesor... E decatarme que de pequena gostaba máis de beillar e cantar, que das aulas no conservatorio de música clásica, no que aprendín moito, por certo. Disciplina. Bágoas. Medrando e medrando até deixalo definitivamente. Agora enredo cos cursos, mentres sigo estudando e traballando de cando en vez en precario, claro.
Atopar a vocación é imprescindíbel. Transmitir o amor que sentes por algo, sexa a música, a lingua, o ecoloxismo, ou a cultura en xeral é unha marabilla cuberta de pasionarias. Agora BidueirAs, hehe.
Un bico!
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
0 comentários:
Enviar um comentário