Quinta-feira, 9 de Abril de 2009

J´adore Paris!



De marabilla na viaxe á cidade da luz. Os poucos días que estiven alí cundiron bastante. Pateeime os museos do Louvre, o de arte moderna Pompidou, Rodin, Picasso e o de Orsay, onde me impresionaron os cadros de Gauguin, Van Gogh, Monet, Matisse etc., arte exipcia, xunto con esculturas como a da foto (no Louvre) entre as que destacaban a Venus de Milo, a Samotracia e Eros e Psique, entre outras. Paseei polos xardíns de Luxemburgo, o barrio dos pintores de Montmatre, os Campos Eliseos, ollei a Torre Eiffel, vin a maratón con chegada no arco do triunfo... Puiden visitar o Hard Rock Café onde está a guitarra de Eric Clapton, de Metallica... Fun en barco polo Sena, que estaba bastante sucio.. Chapurreei o meu francés, mais cando pretendía falar de seguido me falaban en español :S

5 comentários:

noa disse...

moi aussi!!
a vitoria impresiona no cimo da escaleiras! é unha marabilla...

Raíz Verde disse...

eu também andiven por Paris, no marçal, a min também me impressionou bastante mas nom o cambio pola minha aldea que diria J.Sabina :D
O certo é que alí tenhem muita arte, quase tuda roubada...

Q tal?

O Garcia do Outeiro disse...

Quanto tempo sem passar-me, recebe umha aperta irmandinha e a ver se te animas e nos deixas algo teu no Desmembro.

Anónimo disse...

Ueee!
Como gostei do outro dia, foi mui bonito. :)

Ouve, a ver se actualizas os conteúdos, prea.

Saúdos da Amaía.

Chousa da Alcandra disse...

Vaia casualidade: Estivemos en París nas mesmas datas e...non nos vimos!!!

(Eu tamén viñen impresionado da grandeza que evoca. En Versalles tamén me decatei de que sendo dono daquelo, un tiña que sentirse -xa non Emperador de Francia, senón do mundo enteiro!!!)

Un saúdo dende a Chousa